viernes, 19 de junio de 2020

FESTIVAL DE FIN DE CURSO


OLA RAPAZADA, FAMILIAS...

 Hoxe é o último día do curso, deste curso tan atípico que nos tocou vivir...tres meses sen vernos... son moitos. Hoxe mesmo, estariamos no TEATRO PASTOR DÍAZ facendo o noso festival de fin de curso, moi nerviosos e nerviosas...

PERO PENSABADES QUE NON IAMOS TER FESTIVAL? 

 Pois estades moi equivocados/as porque grazas aos vosos traballos, puidemos realizar este pedazo FESTIVAL VIRTUAL, nós, so puxemos as ferramentas para que todo se unira e o puiderades disfrutar...

SENTIDE  a música galega de "A BANDA DA LOBA"; os nosos peixiños de infantil con MAGÍN BLANCO; a natureza VERDESCENTE de "UXÍA LAMBONA e a BANDA MOLONA"; recitados dos poemas do libro "POEMAR AO MAR" de  Antonio García Teijeiro e a nosa banda sonora do proxecto: "MARES IGUAL QUE TÚ" de Amaral.

E con todos e todas vós.... O FESTIVAL VIRTUAL do cole de Galdo.

Ahh! GRADUARANSE OS DE SEXTO OU NON? Aí o deixo... ao mellor hai unha sorpresiña... cando será?












A GRADUACIÓN DE 6º SERÁ MÁIS ADIANTE, ESTAMOS PREPARANDO UNHA GRAN SORPRESA.....