jueves, 3 de diciembre de 2020

3 DE DECEMBRO "DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE"

 Ola rapazada :)

Chegou o día, a gran sorpresa que tiñamos preparada para tod@s vós...

Levamos esta semana practicando en educación física "deportes adaptados" como o baloncesto e o voleibol, a parte de diferentes circuitos que fixemos cos ollos pechados.

 Puidemos observar que era moi difícil facer actividade física e  deporte así pero con ESFORZO, SUPERACIÓN e GANAS todo se consegue.

Disto sabe un pouquiño o noso amigo ALEX, amigo e veciño, que veu hoxe contar a súa HISTORIA DE SUPERACIÓN...

GRAZAS ALEX, contigo soubemos que o DEPORTE INCLUSIVO debe estar presente sempre no noso día a día, e que grazas a el, a vida é un pouco máis sinxela porque coma ti dis: "non hai reto que se me poña por diante" 

E nin dito nin feito, fixeches o camiño de Santiago dende León ,case 300km...esto animou ao noso alumnado a  facer as etapas do "CAMIÑO DO MAR" cando esta situación no lo permita.

VOLVE CANDO QUEIRAS !



Convídovos a ver este video onde o OPTIMISMO, a FE NAS PERSOAS e a PERSEVERANCIA fan que, historias coma esta sexa unha lección de vida.