PSICOMOTRICIDADE

QUE FACEMOS EN INFANTIL NO #coledegaldo?

Este curso 2019/20 aprobamos dende o claustro que o alumnado de infantil tivese 30 minutos de práctica psicomotriz diaria.

Como nos organizamos? As mestras de infantil dividiron o seu alumando en dous grupos, mezclados en idades 3,4,5 anos de tal forma que:

09:30 h.-10:00h. baixa o grupo A
10:00h.-10:25h. baixa o grupo B

Cada día da semana van rotando os grupos,se o luns baixa primeiro o grupo A o martes baixará o grupo B porque a primeira media hora aprovéitase máis.

A experiencia dende outubro a febreiro foi mooi boa. Puidemos observar que o alumnado mellorou moitísimo pero non so a nivel motriz senon a nivel de autonomía na aula, motricidade fina, atención e concentración no traballo, por non falar a nivel individual de cada alumno/a.

Está demostrado científicamente que o movemento a primeira hora de mañá favorece a concentración. 

Pero primeiro de todo explicar que é a PSICOMOTRICIDADE:

A práctica Psicomotriz Educativa é unha metodoloxía ou práctica nacida en Francia na década dos 70, basada no concepto da psicomotricidade concebido como o proceso de maduración que corresponde a un periodo de desenrolo infantil no cal a sensoriomotricidade é inseparable dos procesos psíquicos conscientes e inconscientes, é decir, falamos do momento en que o neno necesita movemento para poder pensar ou incluso, en momentos máis temperás, esta acción identifícase como movemento.

Trátase dun periodo básico para o desenrolo da personalidade,da futura maneira de pensar e actuar polo que é necesario que se lle preste máis atención cun enfoque pedagóxico e metodolóxico cuidado.

Foi BERNARD AUCOUTURIER quen ideou o marco para esta práctica psicomotriz nas escolas infantiles, o que hoxe coñecemos como PRÁCTICA PSICOMOTRIZ EDUCATIVA, gracias as aportacións de autores como Jean Piaget, Henri Wallon i Sigmund Freud.

BASTA DE TEORÍA, COMO É UNHA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE?

A nosa práctica motriz acércase ao ENFOQUE AUCOUTURIER, non sigo unha práctica pura senon adaptada ao alumnado, ao tempo de sesión e ao material que temos. 
  1. ENTRADA AO XIMNASIO
Nesta fase as nenas e nenos baixan as escaleiras e sáltanas como queren, é decir, algúns saltan de unha en unha ou de dúas en dúas...así ata que elas e eles mesmos se senten seguros.

Cando chegan á porta do ximnasio fan unha contraseña para entrar, que a imos variamos cada día, ben palmadas con salto, tocar diferentes partes do corpo ou algo que teña que ver co traballado nesa semana.

Os nenos/as séntanse nos bancos e observan a sala, recordamos as normas: non facerse dano,nin facer dano a ninguén e respectar o material. Recordamos a sesión anterior ( o que nos gustou, a evolución das competencias que observei,o que no nos gustou nada...xa que este feedback é moi importante para min, para organizar as seguintes sesións) eu son a guía pero os principais protagonistas son elas/es.

2.- FASE DE EXPRESIVIDADE MOTRIZ

Este momento é de gran emoción e impaciencia ( encántame ver as súas cariñas cando todo está preparado porque o primeiro que din é: ooohhhhhhh..). Neste momento ,o traballo da atención e o freo do impulso a sair correndo a facer algo, é primordial.

Encontran un espazo ideado cun obxetivo concreto: expresar a sú espontaneidade, sen todo aquelo que se soe asociar á actividade escolar e que é tan propio deles mesmos.

Un espazo onde poden: correr, saltar, escalar, trepar, dar volteretas, facer equilibrios, rodar, caer, volver a levantarse mil veces...e todos os rincóns teñen un obxetivo concreto.

Existen espazos para trepar, como as espaldeiras ( por certo o espazo que máis lles gusta) dende as alturas saltan á colchoneta quitamedos ( esa colchoneta grande que impacta moi ben os saltos); espazos blandos-duros como o plinton para saltar a unha colchoneta ou dar xiros no aire; temos o rocódromo ( instalado na última semana de febreiro) onde escalan pola parede de forma horizontal para evitar perigos; as pelotas fitball para traballar o aparato vestibular a través das sensacións de rodar encima dela; equilibrios cos bancos suecos virados, con e sen material...etc

Pero tamén hai espazos para recollerse, para descansar, para que ninguén che moleste...porque existen momentos nos que non lles apetece facer nada de movemento, so queren balancearse ou charlar...tamén temos que respectar ese momento..

Dende fóra parece que a sesión está sen organizar, pero o material está colocado cun obxetivo concreto. Eu son guía da súa observación e deixo voar a imaxinación pero cada material está posto cunha intención clara para traballar un contido específico que elas e eles mesmos adaptarán á súa experiencia motriz e sobre todo á súa MADURACIÓN COGNITIVA.

É increible ver nenas e nenos como cada día co mesmo material fan cousas distintas, a creatividade nestas idades é asombrosa.

Durante esta misma fase e según as nenas e nenos van medrando, e non poñan limitacións á hora de disfrutar do seu propio corpo, vai aparecendo o xogo simbólico, é decir, a capacidade de utilizar un obxeto pretendendo que represente outro. 

Así as cordas son para "atar  as bestas" ou "serpentes", os aros son "segadoras", os bloques son "coches", as picas son " espadas"...

Ás veces, existen sesións nas que este é o obxectivo, o xogo simbólico e o material é diferente: teas,cordas,chapas, rolos de papel hixiénico... 

So fixemos dúas prácticas chamadas INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS cuxo obxectivo é o desenrolo da parte sensomotriz, tan importante nesta etapa.

3. FASE DE EXPRESIVIDAD PLÁSTICA Y GRÁFICA

Esta fase non a podemos levar a cabo polo noso horario, espero que para o vindeiro curso sí!

Trátase de expresar plásticamente  a sesión que acaban de facer ben debuxando ou con diferentes técnicas de representacións.


ATA AQUÍ, EXPLICADO COMO É UNHA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE NO #coledegaldo



PERO MELLOR PODER OBSERVALO :)




.

1 comentario: