viernes, 19 de junio de 2020

FESTIVAL DE FIN DE CURSO


OLA RAPAZADA, FAMILIAS...

 Hoxe é o último día do curso, deste curso tan atípico que nos tocou vivir...tres meses sen vernos... son moitos. Hoxe mesmo, estariamos no TEATRO PASTOR DÍAZ facendo o noso festival de fin de curso, moi nerviosos e nerviosas...

PERO PENSABADES QUE NON IAMOS TER FESTIVAL? 

 Pois estades moi equivocados/as porque grazas aos vosos traballos, puidemos realizar este pedazo FESTIVAL VIRTUAL, nós, so puxemos as ferramentas para que todo se unira e o puiderades disfrutar...

SENTIDE  a música galega de "A BANDA DA LOBA"; os nosos peixiños de infantil con MAGÍN BLANCO; a natureza VERDESCENTE de "UXÍA LAMBONA e a BANDA MOLONA"; recitados dos poemas do libro "POEMAR AO MAR" de  Antonio García Teijeiro e a nosa banda sonora do proxecto: "MARES IGUAL QUE TÚ" de Amaral.

E con todos e todas vós.... O FESTIVAL VIRTUAL do cole de Galdo.

Ahh! GRADUARANSE OS DE SEXTO OU NON? Aí o deixo... ao mellor hai unha sorpresiña... cando será?












A GRADUACIÓN DE 6º SERÁ MÁIS ADIANTE, ESTAMOS PREPARANDO UNHA GRAN SORPRESA.....

13 comentarios:

  1. XENIAL ENCANTÁRONME TODOS OS VIDEOS.UN BICO ENORMEEEEEE.

    ResponderEliminar
  2. Valeria Chao:
    Que bonito , gustaronme moito. Un beso a todos, e bo veran.

    ResponderEliminar
  3. Gracias Valeria e Andrea, o placer é meu polo voso traballo, impresionante. Bicos grandes e bo verán merecido :)

    ResponderEliminar
  4. Respuestas
    1. Moitísimas grazas Noe, sei por un paxariño que ti tiveches algo que ver... apertas para o cole do Valle Inclán dende aquí :)

      Eliminar
  5. Bo traballo!! Pasade bo Verán!!Gracoas a tod@s!! Bikiños mil!!Lety e Noemi

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bo verán familia, a disfrutar das merecidas vacacións :)

      Eliminar
  6. Encantoume este festival virtual centrado nos mares aos que temos que coidar coma nós.
    Feliz verán e vémonos en setembro.
    BiblioCovas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitísimas gracias, saúdos a Lolo e disfrutade da lectura e das vacacións, biquiños de Galdiño :)

      Eliminar
  7. Encantoume siguide así facendo as cousas por los nenos felicidades
    👏👏👏👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  8. Parabén por está fermosa iniciativa! Feliz verán para toda a comunidade educativa. Agardo que o vindeiro trancurra con plena normalidade.

    ResponderEliminar
  9. Feliz verán para todos e todas,un saúdo enorme e moitas grazas :)

    ResponderEliminar