Chegou o día, a gran sorpresa que tiñamos preparada para tod@s vós...
Levamos esta semana practicando en educación física "deportes adaptados" como o baloncesto e o voleibol, a parte de diferentes circuitos que fixemos cos ollos pechados.
Puidemos observar que era moi difícil facer actividade física e deporte así pero con ESFORZO, SUPERACIÓN e GANAS todo se consegue.
Disto sabe un pouquiño o noso amigo ALEX, amigo e veciño, que veu hoxe contar a súa HISTORIA DE SUPERACIÓN...
GRAZAS ALEX, contigo soubemos que o DEPORTE INCLUSIVO debe estar presente sempre no noso día a día, e que grazas a el, a vida é un pouco máis sinxela porque coma ti dis: "non hai reto que se me poña por diante"
E nin dito nin feito, fixeches o camiño de Santiago dende León ,case 300km...esto animou ao noso alumnado a facer as etapas do "CAMIÑO DO MAR" cando esta situación no lo permita.
VOLVE CANDO QUEIRAS !
Convídovos a ver este video onde o OPTIMISMO, a FE NAS PERSOAS e a PERSEVERANCIA fan que, historias coma esta sexa unha lección de vida.
Hoxe é o último día do curso, deste curso tan atípico que nos tocou vivir...tres meses sen vernos... son moitos. Hoxe mesmo, estariamos no TEATRO PASTOR DÍAZ facendo o noso festival de fin de curso, moi nerviosos e nerviosas...
PERO PENSABADES QUE NON IAMOS TER FESTIVAL?
Pois estades moi equivocados/as porque grazas aos vosos traballos, puidemos realizar este pedazo FESTIVAL VIRTUAL, nós, so puxemos as ferramentas para que todo se unira e o puiderades disfrutar...
SENTIDE a música galega de "A BANDA DA LOBA"; os nosos peixiños de infantil con MAGÍN BLANCO; a natureza VERDESCENTE de "UXÍA LAMBONA e a BANDA MOLONA"; recitados dos poemas do libro "POEMAR AO MAR" de Antonio García Teijeiro e a nosa banda sonora do proxecto: "MARES IGUAL QUE TÚ" de Amaral.
E con todos e todas vós.... O FESTIVAL VIRTUAL do cole de Galdo.
Ahh! GRADUARANSE OS DE SEXTO OU NON? Aí o deixo... ao mellor hai unha sorpresiña... cando será?
A GRADUACIÓN DE 6º SERÁ MÁIS ADIANTE, ESTAMOS PREPARANDO UNHA GRAN SORPRESA.....
PARABÉNS! porque o RETO desta semana está máis que superado, pedazo coreografías fixestes coas PITAS, jaaaaa, encantáronme todaaaas!
Aquí tedes o resultado final, espero que disfrutedes co video, seguro que Carvallo Calero estaría moi contento de ver que as protagonistas dun conto como "AS PITAS BAIXO A AUGA"son famosas....
GÚSTAVOS BAILAR??? bueno, a uns máis que a outros verdade, jeee, a min ENCÁNTAME e a mestra Carmen tamén, mirade que ben bailamos...
Sabedes que esta semana é a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS :) así que o RETO irá relacionado cunha canción feita pola editorial Embora, "A CHOIVA DAS PITAS".
O RETO é o seguinte: tedes que inventarvos unha coreografía con esta canción, buscar o voso atrezzo, disfrazarvos,bailar e cantar en GALEGO...podedes poñer a música de fondo... unha vez que teñades o baile, gravades un video (en forma horizontal) e enviádemo ao correo: edufisgaldo@gmail.com, data límite o sábado 16 de maio, para montar o video. ATENCIÓN: podedes gravar o estribillo completo e parte da canción, como duración 1 minuto e envialo por WETRANSFER
A CANCIÓN é esta, recórdavos a algunha canción antiga?? Investigade máis abaixo.
AQUÍ VOS DEIXO UN VIDEO PARA QUE A VOSA CREATIVIDADE E INSPIRACIÓN FLÚAN,JAAAAAA...
Esta canción é todo un clásico, "Cantando bajo la lluvia", anímate e canta con Gene Kelly.
Xa podedes ver os mellores videos selecionados por cada centro. O xurado foi distinto para cada categoría. MIRADE A VER SE ALGUNHA/UN FOSTES ELEXIDAS/OS.
PARABÉNS porque conseguistes SUPERAR O PRIMEIRO RETO DE EDUCACIÓN FÍSICA. Aquí tedes o VIDEO DOS XOGOS OLÍMPICOS do noso cole, so podo darvos as GRAZAS porque participastes un montón, 70 vídeos en total, dende infantil ata 6º de primaria...tódolos videos foron xeniais, deportes de tódalas categorías, deportes de inverno, pero sobre todo o que se ve é orixinalidade e diversión.
DISFRUTADE DO VOSO VIDEO....
AHHHH, ESTADE ATENTOS PORQUE TEDES UNHA SORPRESIÑA MOOOI CHULA.... A VER SE RECOÑECEDES A....
En 1982 a UNESCO declarou este día en homenaxe a JEAN GEORGE NOVERRE, bailarín e coreógrafo francés considerado o creador do BALLET MODERNO.
QUE É A DANZA? Unha forma de expresión (manifestación artística) na que se utilizan movimentos corporais para expresar e comunicar sentimentos. Soe estar acompañada dun ritmo acústico. Co paso do tempo, foi evolucionando, polo que, na actualidade poden verse diferentes estilos e xéneros que van tanto do tradiconal ao académico e o cotidiano. DANZA E CINE Dende o inicio do cine, a danza incorporouse como un elemento importante na produción de películas, incluso cando o cine era MUDO. Así, os grandes directores, incorporaron diversas coreografías que daban vida e alma ao chamado séptimo arte.
OUTRAS PELÍCULAS ONDE A DANZA É PROTAGONISTA:
Brodway Melody (1929)
Funny Face (1957)
Danzando bajo la lluvia (1952)
Fiebre del Sábado Noche (1977)
Flashdance (1983)
Dirty Dancing (1987)
Billy Elliot (2000) RECOMENDADA PARA VÓS.
Cisne negro (2010)
E COMO CELEBRAR ESTE DÍA?
Pois bailando....agarra á túa nai, ao teu pai, irmáns, a unha amiga, a un amigo e baila, pon esa música que tanto che gusta e déixate levar...suelto ou agarrado, música lenta, clásica ou moderna...pero BAILA E EXPRESA O QUE LEVAS DENTRO :) a danza non entende de sexo, é para homes e mulleres, so tedes que investigar na HISTORIA.
PSSS, CÓNTOVOS UN SEGREDO?
A MIN ENCÁNTAME BAILAR E ESCOITAR MÚSICA, os que me coñecedes ben xa sabedes que nas clases de E. FÍSICA sempre hai música....pero cando escoito unha canción que me transmite, que me emociona sae algo bo... (agora mesmo estou facendo esta entrada escoitando ao meu grupo favorito:)
Ola:) Como vos anunciei, mañá será o "Día da Educación Física na Casa" debido a esta situación xerada polo confinamento. Un grupo de profesores de educación física de 11 centros da mariña, propoñémosvos o seguinte RETO. BOTÁDELLE UNHA OLLADA A ESTE PERIÓDICO PORQUE O RETO DA SEMANA ESTÁ NO SEU INTERIOR.
ATRÉVESTE A FACELO???
FAIGO RESUMO DO QUE TEDES QUE FACER: 1. FACER UN FACHO (antorcha,leva 1minuto) seguindo as instruccións do vídeo. 2.Practicar un deporte olímpico ( podes disfrazarte, facelo en familia). 3. Gravarte en video: de forma horizontal e que dure 15 segundos. 4. O video comeza entrando o facho(antorcha) pola vosa dereita, deixades o facho e practicades o voso deporte elexido, por último lanzar o facho pola esquerda. 5. SEDE ORIXINAIS e NON FAGADES todas/os o MESMO DEPORTE como FÚTBOL. NOTA IMPORTANTE:
Cos videos enviados, prepararemos unha montaxe conxunta co resto de videos recibidos e serán publicados na propia aplicación do xogo proposto (Genially), no blogue e nas redes sociais que utiliza o noso centro e o resto dos centros participantes. Se non autorizades que se publique o vídeo que enviades, indicádemo cando o mandedes, quedará sen enviar; pola contra senon poñedes nada entendo que dades a vosa autorización para o uso da imaxe.
6. Enviade o video como tope final o domingo 3 de maio a este correo electrónico: edufisgaldo@gmail.com