miércoles, 29 de abril de 2020

FELIZ DÍA DA DANZA





Hoxe, 29 de abril, é  o Día Internacional da Danza

POR QUÉ SE ELIXEU ESTE DÍA?

En 1982 a UNESCO declarou  este día en homenaxe a JEAN GEORGE NOVERRE, bailarín e coreógrafo francés considerado o creador do BALLET MODERNO.

QUE É A DANZA?

Unha forma de expresión (manifestación artística) na que se utilizan movimentos corporais para expresar e comunicar sentimentos. Soe estar acompañada dun ritmo acústico

Co paso do tempo, foi evolucionando, polo que, na actualidade poden verse diferentes estilos e xéneros que van tanto do tradiconal ao académico e o cotidiano.

DANZA E CINE

Dende o inicio do cine, a danza incorporouse como un elemento importante na produción de películas, incluso cando o cine era MUDO. Así, os grandes directores, incorporaron diversas coreografías que daban vida e alma ao chamado séptimo arte.




OUTRAS PELÍCULAS ONDE A DANZA É PROTAGONISTA:


  1. Brodway Melody (1929)
  2. Funny Face (1957)
  3. Danzando bajo la lluvia (1952)
  4. Fiebre del Sábado Noche (1977)
  5. Flashdance (1983)
  6. Dirty Dancing (1987)
  7. Billy Elliot (2000) RECOMENDADA PARA VÓS.
  8. Cisne negro (2010)

E COMO CELEBRAR ESTE DÍA? 


Pois bailando....agarra á túa nai, ao teu pai, irmáns, a unha amiga, a un amigo e baila, pon esa música que tanto che gusta e déixate levar...suelto ou agarrado, música lenta, clásica ou moderna...pero BAILA E EXPRESA O QUE LEVAS DENTRO :) a danza non entende de sexo, é para homes e mulleres, so tedes que investigar na HISTORIA.

PSSS, CÓNTOVOS UN SEGREDO?

A MIN ENCÁNTAME BAILAR E ESCOITAR MÚSICA, os que me coñecedes ben xa sabedes que nas clases de E. FÍSICA sempre hai música....pero cando escoito unha canción que me transmite, que me emociona sae algo bo... (agora mesmo estou facendo esta entrada escoitando ao meu grupo favorito:)


 #Díainternacionaldeladanza


No hay comentarios:

Publicar un comentario