domingo, 26 de abril de 2020

28 de Abril, DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA, 1º RETO


Ola:)
Como vos anunciei, mañá será o "Día da Educación Física na Casa" debido a esta situación xerada polo confinamento. Un grupo de profesores de educación física de 11 centros da mariña, propoñémosvos o seguinte RETO.

BOTÁDELLE UNHA OLLADA A ESTE PERIÓDICO PORQUE O RETO DA SEMANA ESTÁ NO SEU INTERIOR.

ATRÉVESTE A FACELO???

FAIGO RESUMO DO QUE TEDES QUE FACER:

1. FACER UN FACHO (antorcha,leva 1minuto) seguindo as instruccións do vídeo.

2.Practicar un deporte olímpico ( podes disfrazarte, facelo en familia).

3. Gravarte en video: de forma horizontal e que dure 15 segundos.

4. O video comeza entrando o facho(antorcha) pola vosa dereita, deixades o facho e practicades o voso deporte elexido, por último lanzar o facho pola esquerda.

5. SEDE ORIXINAIS e NON FAGADES todas/os o MESMO DEPORTE como FÚTBOL. 

NOTA IMPORTANTE:
Cos videos enviados, prepararemos unha montaxe conxunta co resto de videos recibidos e serán publicados na propia aplicación do xogo proposto (Genially), no blogue e nas redes sociais que utiliza o noso centro e o resto dos centros participantes. Se non autorizades que se publique o vídeo que enviades, indicádemo cando o mandedes, quedará sen enviar; pola contra senon poñedes nada entendo que dades a vosa autorización para o uso da imaxe.

6. Enviade o video como tope final o domingo 3 de maio a este correo electrónico: edufisgaldo@gmail.com


ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE COA VOSA FAMILIA.

#EFNACASA2020   #EFnaMariña

1 comentario:

  1. Hola Rebe, somos Breo y Xoel y vamos a participar, a ver que tal nos sale! Hoy haremos la antorcha y ya sabemos que deporte haremos

    ResponderEliminar