sábado, 25 de abril de 2020

BENVIDOS A UNHA NOVA FORMA DE COMUNICARNOS!

Ola rapazada :)

Como estades?? xa levamos moito tempo sen vernos, sen tocarnos, sen sentirnos.... e bótovos moitísimo de menos...ah..non me presentei...son Rebe, a vosa  mestra de educación física, recoñecédesme??

JAAA, o confinamento cambioume un pouco verdade? agora son máis emoji :)

Sei que estades a traballar moito coas vosas mestras e mestres porque sígovos nos blogues e vexo o voso traballo, pero eu necesitaba dalgunha forma poñerme en contacto directamente con tod@s vós, e a través deste blog iremos facendo cousiñas.

Tedes que estar contentos, mañá domingo 27 de abril, despois dun mes metidos na casa, xa poderedes sair á rúa cos vosos pais ou nais, estou segura de que sabedes ben as limitacións que hai.

Tamén sei que moitos de vós fixestes actividade física na vosa casa, coa familia, eu a primeira. Diariamente fago unha hora de actividade, porque é a miña forma de desconectar deste encerro, xa vos falei moitas veces disto verdade?

Ben, pois para estrear este blogue estade atentos , porque en breve teredes unha sorpresa MARABILLOSA, que sei que vos vai gustar moitísimooo...

O martes 28 de abril sería o Día da Educación Física na Rúa, pero como sabedes, este ano temos que cambialo polo Día da Educación Física na Casa. Este día celebrarémolo dunha forma especial en colaboración con moitos outros centros da Mariña. Así que estade ben antentos!!

O luns 27 publicarei unh nova entrada para presentarvos o RETO.

Unha aperta moi grande e animádevos a participar que será moi divertido!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario